Catalogo_Artesania_Nadal_2020

Este Nadal propoñémosvos confiar nos oficios artesáns, no feito á man, nas pezas únicas elaboradas por profesionais que ofrecen produtos de alta calidade que contan ademais historias. Propoñémosvos apostar polo emprendemento, pola artesanía de proximidade, pola economía circular, polo feito en Galicia e pola calidade. Artesanía de Galicia é a marca, propiedade da Xunta de Galicia, que representa os/as profesionais que conforman o sector artesán galego. Este distintivo inclúe produtos de alta calidade, coidadosamente deseñados e que contan unha historia fascinante: as raíces da nosa cultura combinadas co deseño contemporáneo, coa personalidade dos creadores e coa mestría das súas mans. Hai un espazo para a artesanía en cada momento das nosas vidas, como pezas utilitarias ou decorativas en cada recuncho da casa, como complemento para ocasións especiais e para o día a día. Artesanía de Galicia presenta unha ampla variedade de produtos elaborados en materiais que van dende os barros tradicionais, a madeira ou a la ata a prata e outros metais, o vidro, o coiro, o téxtil ou o papel. Sempre é un bo momento para regalar Artesanía de Galicia pero o Nadal é esa época especial na que decidimos amosar sentimentos con agasallos. Este Nadal confiade no noso talento artesán e sorprendede con Artesanía de Galicia .

Made with FlippingBook HTML5